ACONTÉCENOS A MIÚDO
A Manolo Soto
acontéceme a miúdo na Galiza
sinto tremer a terra baixo os pés
coma se quixese preguntarme
que fago lonxe da casa
que é o que me leva alá
se o meu corazón sabe dos seus sons
dos seus limites das súas fronteiras
mesmo as veces sentinme
lixeiramente ameazado:
o país polo que camiño ponme a proba
podería expatriarme se non as supero
i eu esfórzome...
acontéceme a miúdo na Galiza
a superficie que piso é un espello
e segundo vaime reflectindo
móstrame as miñas carencias
aquilo que debía ter dito e calei
aquilo que debía ter feito e non fixen
os amigos perdidos e
as persoas coas que non trabei amizade
crecen árbores bravíos
das raíces do meu choro
e ofrezolle follas á xente
da que torpemente namoreime
sucédenos a miúdo na Galiza
somos poetas fora de tempada
amigos doutro país...
sucédenos a miúdo na Galiza
sentimos a terra tremer baixo os pés
coma se quixese inquirirnos
que facemos na casa allea
que é o que nos trae acá
se o noso corazón acerta a latexar ben aquí
e intentámolo...
sucédenos a miúdo na Galiza
traemos un puñado de terra ou un canto rodado
ao amigo defunto
buscando rimas demasiado doadas
para un mal poema:
terra hedra pedra...
estendemos as mans
querendo alcanzar algo fermoso
que non sabemos que é
e non chegamos a tempo
somos poetas do outono vidos na primavera
queremos chegar alá sen estar de todo aquí
sucédenos a miúdo na Galiza
é un estar sen estar
é unha forma de ser sen chegar de todo a ser
deixando como prenda amigos
e unha inquietude fragmentada
© cc-by-sa Jose Luis Otamendi