Beste hizkuntzetako lanen zerrenda

 

  Tradución: Ricardo Pichel Gotérrez

 

 

Autocensura

        (Autozentsura)

 

A primeira tarefa dunha escritora é matar o anxo de casa

Virginia Woolf

 

Quero ter a miña propia habitación, Woolf,

quero ser Lobo, Woolf,

é difícil ser unha rapaza dócil

cada día limo unllas e cabeiros

pinto de vermello as gadoupas

non quero calar máis ouveos, Woolf,

quero entrar polas noites polos balcóns

e saciarme de sangue alleo

limpar o fociño co dorso da man

ser anacos de herba no cabelo.

Cansei de me aloumiñar, Woolf,

da mesma suor da mesma baba

aperto as palmas das mans

mais non podo matar anxos, Woolf,

non se pode matar o que non se é

Ao lobeto que un bo día deixei

a piques de afogar no río

quero facerlle o boca a boca, Woolf,

antes de que sexa tarde de máis.

 

 

 

© Leire Bilbao
© da tradución: Ricardo Pichel Gotérrez


www.susa-literatura.eus