SINAIS DE FUME

 

¿De onde virá multiplicado o fume?

Desde que levaron as camas da cidade

faise o amor nos fornos das cociñas

ao tempo que entran os trens de mercadorías

por fiestras clausuradas

Afastei a túa voz para que non arrefriase o café

O silencio saía por entre as pedras

mentres o día inauguraba os seus alambiques

Os primeiros habitantes da mañá

traían en bolsas de papel as súas faces queimadas

enfiadas nas beirarrúas laiábanse

tan baleiras como os teatros as botellas

a xente bulía como se alguén

lle roubara á noite todos os seus semáforos

O amencer era a pegada dun coxo

na beirarrúa cuberta de neve que é a vida

 

¿De onde virá multiplicado tanto fume?

Soamente se sabe que

desde que levaron as camas da cidade

se fai o amor nos fornos das cociñas.

 

  © Harkaitz Cano


www.susa-literatura.eus