Soedades da miña branca señor

 

Escóitasme así, miña señor amada, cando do peito meu o trobo arde,

ou atrás de tía sombra do meu soño

loucamente á tua apreixa e bica?

 

Ouh doce o peso do ten coreo no meu maxín deitado!

Neste río do meu vagar sin fin,

qué incendiado navío non navegas na noite?

 

—Por qué este corazón tanta frol mucha,

por qué non é mortal de tanto lume a cinza,

por qué inda son eu de tanta verba a boca?

 

Miña branca señor, corpo delgado:

este bosque é do tempo da máis recente lúa,

i ese malvís que tanto áer enfrauta

cada día que amence renasce e asubía.

Amante, no meu vaso aínda canta a sede.

 

Esa lúa nevada, amor, que do teu corpo

medra coa noite sober das cumes dos meus ollos!

 

Deixa que rose, ao arrimo das cerdeiras,

nas illas dos teus ollos a i-alba rumorosa.

Adormece ao meu carón, namentras quebra o día

baixo un teito de alaudas, tímidas cantadoras.

 

—Ese sono que por de dentro escorre

e pouco a pouco amósase ao meu rostro!

Fan falla, quezáis, un cabalo roxo

ou unha aza mortal e fría era brincar fora desta lingua de lume?

 

(Dona do corpo delgado. 1950)