12

 

No niño novo do vento

hai unha pomba dourada,

meu amigo!

Quén poidera namorala!

 

Canta ao luar e ao mencer

en frauta de verde olivo.

Quén poidera namorala,

meu amigo!

 

Ten áers de frol recente,

cousas de recén casada,

meu amigo!

Quén poidera namorala!

 

Tamén ten sombra de sombra

e andar primeiro de río.

Quén poidera namorala,

meu amigo!

 

(Cantiga nova que se chama ribeira. 1933)