Beste hizkuntzetako lanen zerrenda

 

  Tradución: Ricardo Pichel Gotérrez

 

 

Escavadoras

        (Hondeamakinak)

 

ruídos procedentes dunha obra

tras as xanelas pechadas da miña habitación

as escavadoras feren o terreo

despoxaron de vexetación a ladeira

traballan con afán para descubrir a rocha

terra arroibada que se amorea a cada pada

as negras unllas dos obreiros a súa suor

sobre as túas mans percorrendo a miña pel

un gran cartel a anunciar vivendas de nova construción

onde até agora non había máis ca un noiro

bloques de cemento que acollerán familias enteiras

é preciso perforar fondo óeselle ao capataz

perforar

apuntalar

perforar

os dous observamos a escena desde a xanela

os guindastres semellan as mans das nais dos obreiros

arrolando os seus fillos

a arroibada terra núa á intemperie

verterán o cemento axiña

béixasme

toda a xente precisa un teito

noventa metros cadrados sobre plano

un pouco de vida para facer habitábel un espazo

velaí a oferta

velaí as palabras que escoito

mentres a túa escavadora

perfora as miñas entrañas

 

 

 

© Leire Bilbao
© da tradución: Ricardo Pichel Gotérrez


www.susa-literatura.eus