Tradución: Ricardo Pichel Gotérrez
Lavadora
(Labadora)
O día que ti morriches comprei unha lavadora.
Ao abrir a porta
mollei os pés,
a auga pilloume de improviso.
Teño ríos azuis no peito, ben o sabes,
o mar desbórdase na miña boca.
Ollando o mar desde o zapón da lavadora,
souben de súpeto que a onda te arrastrara
entre xabón e farrapos,
metín os dedos na lavadora
e andei á túa procura, en balde.
Bagoei pola boca
polas orellas polo embigo
polas mans pola pel
e agora teño nas miñas veas ríos mortos
e unha lavadora nova.
© Leire Bilbao